Circuíto de Vallelunga
Autodromo Vallelunga "Piero Taruffi" | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | SBK, Superleague Formula, ELMS, WSC, ISC, ETC, F2, Fórmula Renault |
Localización | Campagnano di Roma, Italia |
Lonxitude | 4,085 km. |
Curvas | 15 |
Volta rápida | |
Piloto récord | |
Escudería récord | |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Autodromo Vallelunga Piero Taruffi é un circuíto de carreiras situado a 32 km ao norte de Roma, en Vallelunga de Campagnano. Desde o 12 de outubro de 2006, o Autódromo de Vallelunga chámase oficialmente Piero Taruffi.
Historia
editarO circuíto inaugurouse en 1951 ao reciclar un antigo hipódromo de area de 1´8 km.. A primeira carreira de coches disputouse o 9 de decembro nunha pista de area. Asfaltouse en 1957, en base ao proxecto do piloto enxeñeiro Piero Taruffi, do que recibe o seu nome, con dous trazados (Internacional e Club). En 1961 a Compañía Vallelunga (propiedade da familia Pesci) logrou un acordo co Concello di Campagnano di Roma, a zona onde se atopa a pista de carreiras, para dobrar a lonxitude da pista. A partir de 1963 o circuíto albergou o Gran Premio de Roma. En 1967 engadiuse unha nova curva cando a pista converteuse en propiedade do Automobile Club d'Italia (ACI).[1] En 1970 invístese na construción dos edificios dos boxes, a dirección de carreira, a sala de prensa e unha tribuna. En 1971 fixéronse outras innovacións na pista. Á súa vez, o sentido de xiro pasou de ser antihorario a horario.
En agosto de 2004 comezaron os traballos para ampliar a súa lonxitude da pista en 1 km, deixando a pista coa súa lonxitude actual, 4.085 m para os autos e 4.110 m para as motos. No verán de 2005 completouse unha importante renovación e expansión, construíuse unha nova torre de control de carreira, rutas de escape e unha mellor infraestrutura. A nova configuración recibiu a homologación da Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) como circuíto de probas, sendo utilizado por varios equipos de Fórmula Un como o Ferrari, Williams F1, Toyota F1 team e BAR - Honda. O circuíto tamén foi o anfitrión da carreira de resistencia das 6 Horas de Vallelunga.
No verán de 2006 fixéronse novos boxes. En 2007 e 2008 o circuíto organizou unha rolda do Campionato Mundial de Superbikes de 2007. Nesta ocasión ampliáronse a recta de meta e a sala de prensa, e fixéronse novas tribunas.
O circuíto tamén ofrece unha pista cunha lonxitude de 1.200 metros, destinada principalmente ás actividades da Scuola federale rally, e unha nova pista específica para SUV. A área do autódromo tamén conta cun centro de conferencias, un hotel e outras actividades e servizos. Dentro do complexo tamén se pode visitar o sitio arqueolóxico "calzada romana", con case 500 m² de achados arqueolóxicos culturais.
Desde o inicio de 2004 xunto á pista atópase a ACI-SARA o centro de condución segura que alberga os cursos de condución para automóbiles, motocicletas, camións, caravanas e autocaravanas. Este centro explota simulacións de sistemas con paredes de auga, a adherencia ás superficies diferenciadas e sistemas hidráulicos para provocar o derrape de cada tipo de vehículo.[2] Cada ano no outono alberga un gran mercadillo especializado principalmente en pezas de recambio de automoción vintage.
Desde o ano 2010 o Autodromo di Vallelunga é alimentado por un sistema fotovoltaico que fai que toda a instalacións de enerxía do complexo sexan respetuosas co medio ambiente.[3]
O circuíto é a sede dos desenvolvedore de software de simulación, Kunos Simulazioni, que ocupan un garaxe como oficina.
Descrición
editarO trazado principal Internacional consta de 10 curvas, 7 á dereita, 3 á esquerda, o longo das curvas vai dos 23 metros da "Tornante" aos 166 metros da "Curva Grande". A pista para automóbiles ten 4.085 metros, mentres que a versión para motos ten 4.110 metros (con chicana), ademais ten unha variante chamada Club de 1.746 metros de longo. A pista ten 23 lugares para os comisarios. Para o público está a tribuna "Traguardo", na liña de partida, con capacidade para 6.000 asentos, e a "Colina" con 15.000 asentos.
Notas
editar- ↑ "Dal sito Aci.it: Scheda del circuito". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Dal sito Vallelunga.it: Guida Sicura Aci-Sara". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Dal sito Vallelunga.it: Il fotovoltaico di Vallelunga". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto de Vallelunga |
Ligazóns externas
editar- ACI Vallelunga Circuit In Italian only
- Satellite picture by Google Maps