Ácido diaminopimélico
O ácido diaminopimélico (DAP) é un aminoácido non proteinoxénico, que é un derivado no carboxilo épsilon da lisina.
Ácido diaminopimélico | |
---|---|
Ácido (2R,6S)-2,6-diaminoheptanodioico | |
Identificadores | |
Número CAS | 583-93-7 |
PubChem | 1549101 |
ChemSpider | 89700 |
MeSH | Diaminopimelic+acid |
ChEBI | CHEBI:16488 |
ChEMBL | CHEMBL415306 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C7H14N2O4 |
Masa molar | 190,20 g mol−1 |
Aspecto | po branco |
Densidade | 1,344 g/mL |
Punto de fusión | 295 °C; 563 °F; 568 K |
Punto de ebulición | 4 267 °C; 7 713 °F; 4 540 K |
Perigosidade | |
Principais perigos | Irritante |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A presenza de DAP é unha característica das paredes celulares de certas bacterias.[1] O DAP encóntrase a miúdo nos péptidos que unen as cadeas polisacarídicas de ácido N-acetilmurámico e N-acetilglicosamina (NAM-NAG) que forman parte do peptidoglicano da parede celular das bacterias gramnegativas. Cando se lles proporciona este aminoácido a estas bacterias, crecen con normalidade, pero cando hai deficiencia del, crecen pero sen poder formar nova parede de peptidoglicano.
Este tamén é o punto de unión da lipoproteína de Braun, que é unha proteína que se encontra naturalmente formando parte da membrana externa bacteriana gramnegativa.[2]
Notas
editar- ↑ Brooks, George H.; Geo F. Brooks (2007). Jawetz, Melnick & Adelberg's medical microbiology. McGraw-Hill Medical. pp. 85. ISBN 0-07-147666-0.
- ↑ Seltmann, Guntram; Holst, Otto (2002). The Bacterial Cell Wall. Berlin: Springer. pp. 81–82. ISBN 3-540-42608-6.