Ana Varela Miño
tradutora e poeta galega
Ana Belén Varela Miño, nada en Narón en 1978, é unha tradutora e poeta galega.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Narón, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora, poetisa |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciada en Tradución e interpretación pola Universidade de Vigo, traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.[1][2][3] Tamén foi tradutora na Audiencia Provincial de Lugo.[3] Traduce ao galego e ao castelán.[1]
No ano 2023, participou na Residencia Literaria da Cidade da Cultura.[2]
Obras
editarPoesía
editar- Asombrario, 2017. Concello de Outes.[4]
- Onde nacen as hedras (2019). Edicións Xerais.[5]
Narrativa
editar- Runrún (2024). Vigo: Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-1176-331-8.
Traducións
editar- Edgar Allan Poe (2002). Berenice e outros relatos. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Ir Indo Edicións.[6]
- Antía Otero (2018). "Yo escribo en...galego" [escolma de poemas]. En Nayagua: Revista de poesía, 3(27), 91-103. Tradución ao castelán de Ana Varela Miño. Fundación Centro de Poesía José Hierro.[7]
- Virginia Woolf. Relatos de Virginia Woolf. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.[8]
Premios
editar- Certame de poesía Francisco Añón (2017), por Asombrario.[1][9]
- VI Premio de poesía Gonzalo López Abente (2019) por Onde nacen as hedras.[1][9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Ana Varela - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-22.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "A escritora e tradutora Ana Varela: “As persoas que escriben tamén poñen lavadoras”". Quincemil (en castelán). 2023-12-17. Consultado o 2023-12-22.
- ↑ 3,0 3,1 "«Web de José Yuste Frías» - A tradución xurídica en galego" (en castelán). Consultado o 2023-12-22.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2023-12-22.
- ↑ "Onde nacen as hedras - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-22.
- ↑ Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-12-22.
- ↑ "Nayagua: Revista de poesía (volume 3, n.º 27)" (PDF). Centro de Poesía José Hierro. Consultado o 22/12/2023.
- ↑ "ATG - Asociación de Tradutores Galegos". www.bivir.com. Consultado o 2023-12-22.
- ↑ 9,0 9,1 "Ana Varela gaña o López Abente con poemas sobre “onde nacen as hedras”". Nós Diario. 2019-07-02. Consultado o 2023-12-22.