Modelo:Cidade

Odesa[1] (en ucraíno: Одеса) é unha cidade costeira de Ucraína no Mar Negro. Ten o maior porto do país e é unha cidade de importancia rexional e cidade heroica dende o 1945. A cidade é a terceira do país en termos de poboación, despois de Kíiv e Khárkiv (1.014.563 de habitantes o 1 de abril de 2013).

No centro da cidade ten un importante conxunto de edificios da época clásica, ademais conta co monumento ao Duque de Richelieu, as Escaleiras Potemkin e os palacios Vorontsov, Potocki, Bzhozovskoho e Naryshkin.

Odesa é unha das cidades máis antigas de Ucraína.

Símbolos

Oficialmente os símbolos de Odesa aprobados son: un escudo, unha bandeira, un himno, o símbolo do alcalde, cuxa utilización é oficial para os carteis urbanos aprobados polo Concello. Ademais, a cidade ten un logotipo de turismo.

 
Logo de Odesa.

O escudo de armas é un escudo español vermello coa imaxe dunha áncora con catro patas brancas dentro. Este está enmarcado cun marco dourado decorativo e decorado arriba con tres torres. Baixo a torre está a estrela de ouro, que certifica o seu título de cidade heroica. O primeiro escudo foi aprobado o 22 de abril do ano 1798. A bandeira consiste nun pano rectangular dividido en tres franxas verticais, unha vermella, outra branca e a última amarela. No centro, na franxa branca está o escudo de armas. A última modificación da bandeira e do escudo de armas foi aprobada o 29 de abril do ano 2011.

O 5 de xuño de 2012, Artemy Lebedev publicou un libro chamado "Identidade de Odessa", no que, entre outras cousas, incluíu un logotipo de turismo , que finalmente foi adoptado como o "símbolo do turismo" da cidade de Odesa.[2]

Xeografía

Odesa está situada na costa noroeste do Mar Negro, no centro do Óblast de Odesa. Gran parte da cidade está situada nunha chaira, a 50 metros sobre o nivel do mar. A altura mínima é de 4,2 m por baixo do nivel do mar e a altura máxima é de 65 m (monte Zhevakhov). A área da cidade chega a 162,42 km², a densidade de poboación é de 6.246,54 hab/km².

Infraestruturas

Transporte Urbano

En Odesa, hai tranvía, trolebús, autobús urbano, servizo de taxi, funicular e barco e está planificado un light-rail .

Conexións de longa distancia

Nos arredores da cidade antiga está situada unha estación ferroviaria que ten as seguintes liñas: Odesa-San Petersburgo, Odesa-Cheliabinsk, Odesa-Bakú e Odesa-Berlín.

Nas aforas, a 7 km, esta o aeroporto internacional de Odesa que está ligado ás principais cidades de Europa, Asia, e Oriente Medio.

Ademais, a cidade ten varias estacións de autobuses.

 

Estación ferroviaria de Odesa


Notas