Rap

técnica vocal usada con letras cantadas ou rimadas
Revisión feita o 28 de maio de 2023 ás 22:29 por Breobot (conversa | contribucións)

O Rap é unha forma musical vocal que incorpora "rima, ritmo e uso da fala vernácula".[1] É interpretado ou cantado, xeralmente sobre un ritmo base ou acompañamento musical.[1] Os compoñentes do rap inclúen content (contido, o que se está a dicir, as letras), flow (ritmo, rima) e delivery (cadencia, ton).[2] O rap é o ingrediente principal da música hip hop normalmente asociado a ese xénero; con todo, as orixes do rap son anteriores á cultura hip hop por moitos anos.

Os precursores do rap moderno inclúen a tradición griot de África Occidental,[3] certos estilos vocais de blues,[4] o jazz,[5] un xogo de insultos afroamericano chamado play the dozens[6] e a poesía afroamericana da década de 1960.[7] O uso do rap na música popular orixinouse no Bronx, Nova York, na década de 1970, xunto co xénero hip hop e o movemento cultural.[8] O rap desenvolveuse a partir do papel do MC nas festas dentro do movemento cultural, que animaba e entretería aos invitados entre os sets do DJ, que cada vez se converteron en actuacións máis longas, nas que o DJ acabaría por desaparecer.

O rap adoita ofrecerse nun ritmo, normalmente proporcionado por un DJ ou un beatboxer cando actúa en directo. O rapeiro pode decidir interpretar a capela, é dicir, sen acompañamento de ningún tipo, aínda que isto é pocuo común. Cando un artista de rap ou hip hop está a crear unha canción nun estudo de produción, a maioría das veces o produtor proporciona os ritmos para que o MC rapee sobre eles. Estilisticamente, o rap ocupa unha zona gris entre a fala, a prosa, a poesía e o canto.[9]

A palabra, que é anterior á forma musical, orixinalmente significaba "golpear lixeiramente",[10] e agora úsase para describir un discurso rápido ou a contestación ou resposta.[11] A palabra usábase en inglés británico desde o século XVI. Formaba parte do dialecto afroamericano do inglés na década de 1960 que significa "conversar", e pouco despois pasou a denotar o estilo musical.[12] A palabra "rap" está tan estreitamente asociada á música e a cultura hip hop que moitos escritores usan os termos indistintamente.

Historia

Etimoloxía e uso

O verbo inglés rap ten varios significados; estes inclúen "golpear, especialmente cun golpe rápido ou lixeiro", así como "proferir un insulto de maneira repentina".[10] O Shorter Oxford English Dictionary dá a data de 1541 para o primeiro uso rexistrado da palabra co significado "proferir (especialmente un xuramento) bruscamente, vigorosamente ou de súpeto".[13] O Dictionary of American Slang de Wentworth e Flexner dá o significado "falar de ou recoñecer a alguén" en 1932, e posteriormente de "conversar, especialmente de forma aberta e franca".[14] Estes conceptos influenciarían a forma musical rapping, tamén podería ter sido un acurto de repartee,[15] agudeza ou humor intelixente. Un rapper ou "rapeiro" refírese a un intérprete que "rapea", raps. A finais da década de 1960, cando Hubert G. Brown cambiou o seu nome a H. Rap Brown, o rap era un termo argot que se refería a unha oración ou discurso, como era común entre a multitude "hip" nos movementos de protesta, pero non se asociou cun estilo musical ata pasada outra década.[16]

O rap utilizouse para describir falar en discos xa en 1970 no álbum de Isaac Hayes ... To Be Continued co nome da canción "Monologue: Ike's Rap I".[17] "Os 'raps' sexys falados con voz ronca de Hayes convertéronse en compoñentes clave do seu son característico".[18] Del the Funky Homosapien afirmou que o rap usábase para referirse a falar dun xeito estilístico a principios dos anos 70: "Nacín no 72... daquela o que significaba rapear, basicamente, eras ti intentando transmitir algo, ti intentando convencer a alguén. Iso é o que significa rapear, está na forma na que falas."[19]

Notas

  1. 1,0 1,1 Lynette Keyes, Cheryl (2004). "Rap Music and Street Consciousness". University of Illinois Press. 
  2. Edwards, Paul (2009). How to Rap: The Art & Science of the Hip-Hop MC. Chicago Review Press. ISBN 978-1-55652-816-3. 
  3. Charry, Eric (2012). Hip Hop Africa: New African Music in a Globalizing World. Indiana University Press. pp. 79–80. ISBN 978-0-253-00575-5. 
  4. Ruttenberg, Jay (2008). "The Roots of Hip Hop: From Church to Gangsta". Time Out New York. 
  5. Sobol, John (2002). Digitopia Blues. Banff Centre Press. ISBN 978-0-920159-89-7. 
  6. L. Smith, Alvin (2014). "Not just Yo' Mama but Rap's Mama: The Dozens, African American Culture and the Origins of Battle Rap". U.S. Studies Online. 
  7. Louis Gates, Henry (2016). "Muhammad Ali, the Political Poet". The New York Times. 
  8. Hoffmann, Frank (2007). Rhythm and Blues, Rap, and Hip-Hop (American Popular Music). Checkmark Books. p. 63. ISBN 978-0-8160-7341-2. 
  9. Kovacs, Karl (2014). From Grassroots to Comercialization: Hip Hop and Rap Music in the USA. Anchor Academic Publishing. ISBN 9783954892518. 
  10. 10,0 10,1 "rap". dictionary.reference.com. Consultado o 2023. 
  11. Oxford English Dictionary
  12. Safire, William (1992). "On language; The rap on hip-hop". The New York Times Magazine. 
  13. Shorter Oxford English Dictionary (3a ed.). 1970. p. 1656. 
  14. Wentworth, Harold; Berg Flexner, Stuart (1975). Dictionary of American Slang (2a ed.). pp. 419 e 735. 
  15. Webster. Third New International Dictionary. Unabridged. 
  16. "rap". dictionary.com. Consultado o 2023. 
  17. "Isaac Hayes - ...To Be Continued Album Reviews, Songs & More". allmusic.com. Consultado o 2023. 
  18. "Black Moses – Isaac Hayes | Songs, Reviews, Credits, Awards". allmusic.com. Consultado o 2023. 
  19. Edwards, Paul (2013). "Gift of Gab". How to Rap 2: Advanced Flow and Delivery Techniques, Chicago Review Press: 98. 

Véxase tamén

Outros artigos


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.