Rap

técnica vocal usada con letras cantadas ou rimadas
Revisión feita o 19 de outubro de 2018 ás 10:01 por HombreDHojalata (conversa | contribucións)

O Rap é o elemento musical vocal principal da cultura Hip hop. Consiste basicamente en recitar rimas seguindo un ritmo ou unha base musical. O recitador coñécese como MC e xeralmente a música pona un DJ (mestura de son e scratching). Nun principio era o MC o que presentaba e acompañaba ao DJ, que era, realmente a estrela do espectáculo. Pero hoxe en día, poderiamos dicir que case sempre é o DJ o que acompaña ao MC, e moitas veces nin aparece.

Rap ou hip hop?

É habitual crer que os termos «rap» e «hip hop» son sinónimos, mais non o son. Moita xente non familiarizada con esta cultura utiliza o termo Hip hop para referirse á música Rap, cando Hip hop se refire á cultura e o termo "Rap" ó estilo musical ligado á devandita cultura.

Afrika Bambaataa foi o primeiro en usar o termo "Hip hop" para describir o movemento que estaba ocorrendo en barriadas pobres de Nova York, isto incluía Música (Funk, Rap, Salsa, DJing?), Baile (Hustle, Up-Rocking, Lindy Hop, Popping, Locking?) e Pintura (aerosol, bombing, political graffiti...).

Véxase tamén

Outros artigos


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.