Bueu

concello da comarca do Morrazo, na provincia de Pontevedra
Revisión feita o 14 de abril de 2016 ás 19:34 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (arranxos, removed: {{Concellos de Galicia en progreso}} using AWB)

Coordenadas: 42°19′35″N 08°47′04″O / 42.32639, -8.78444

Bueu (xentilicio: bueués, ou bueueiro) é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.251 habitantes (2015)[6], unha superficie de 30,8 km² (4,5 km² son insulares e 26,3 km², continentais) e unha densidade poboacional de 401,04 hab./km².

Bueu
Bandeira de Bueu
Escudo de Bueu
Casa do concello.
Vila, porto e enseada de Bueu.
Situación
Xentilicio[1]bueueiro, bueueira
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Morrazo
Poboación12.251 hab. (2015)[2][3]
Área30,8 km²[3]
Densidade397,76 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Capital do concelloBueu
Política (2015)
AlcaldeFélix Juncal Novas (BNG)
ConcelleirosBNG: 12
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Asemblea Cidadá Bueu-SON 1
Eleccións municipais en Bueu
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes38,82%
Na rede
http://www.concellodebueu.org
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

O concello de Bueu atópase ás beiras da ría de Pontevedra no Atlántico. Limita coa ría de Aldán polo oeste e coa ría de Pontevedra polo norte, co concello de Marín polo nordeste, co concello de Moaña polo sueste e co concello de Cangas polo sur. O municipio está formado por cinco parroquias: Beluso, Bueu (San Martiño), Cela, Ermelo e a Illa de Ons, parroquia formada polo arquipélago de Ons, formado pola Illa de Ons e a Illa de Onza e adscrita ao concello dende 1844.

Historia

No concello atopáronse pezas do Paleolítico, e consérvanse restos de poboados castrexos da Idade do Bronce na illa de Ons, Castrillón (Meiro), Bon (Beluso) e A Cividade. Trala romanización de Galicia houbo asentamentos en Pescadoira e Meiro, con aras dedicadas aos lares viais.

No século XVIII a zona viviu un desenvolvemento económico pola instalación de industrias dedicadas á salgadura e ao envasado de conservas, especialmente da sardiña. Estas industrias, fomentadas principalmente por empresarios cataláns e italianos, supuxeron unha revolución nas artes de pesca. Actualmente existe na vila o Museo Massó, onde se amosa a historia da industria pesqueira e envasadora.

Bueu constituíuse como concello en 1821, incluíndo, amais das parroquias actuais, as de Aldán e O Hío, que en 1862 pasaron ao concello de Cangas. En 1856 foille concedido o título de vila.

En Bueu editáronse tres periódicos: El Relámpago (1899), La Voz de Bueu (1904-1906) e El Adelanto (1912-1913).

Cultura

Dende 2008 celébrase en setembro, no Centro Social do Mar, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

Turismo

Un dos principais atractivos de Bueu son as súas praias. O concello ten un total de 24 praias, das que 3 se atopan nas illas Ons[7], pertencentes ao Parque nacional das Illas Atlánticas.

Poboación

Censo total 2015 12.251 habitantes
Menores de 15 anos 1.692 (13.81 %)
Entre 15 e 64 anos 8.018 (65.45 %)
Maiores de 65 anos 2.541 (20.74 %)
Evolución da poboación de Bueu   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.233 9.150 10.177 11.961 12.483 12.368 12.348
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Bueu

Parroquias

 
Plano da vila de Bueu
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu

Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Bueu (San Martiño de Fóra)| Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín)

Lugares de Bueu

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bueu vexa: Lugares de Bueu.

Notas

Véxase tamén


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.