Jacques-Louis David: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
retiro marcadores de atención e ortografía
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias}}
[[Ficheiro:David_Self_Portrait.jpg|miniatura|dereita|Autorretrato.]]
[[Ficheiro:Jacques-Louis David, Le Serment des Horaces.jpg|thumb|O ''[[Xuramento dos Horacios]]'', 1785. [[Museo do Louvre]].]]
'''Jacques-Louis David''' ([[30 de agosto]] de [[1748]] - [[29 de decembro]] de [[1825]]) foi un pintor [[Francia|francés]] de bastante influencia no estilo [[Neoclasicismo|neoclásico]]. Buscou a inspiración nos modelos escultóricos e mitolóxicos [[Grecia Antiga|gregos]], baseándose na austeridade e severidade, algo que cadraba co clima moral dos últimos anos do [[antigo réxime]].
 
Liña 9:
 
== O xuramento dos Horacios ==
Tras terse dado a coñecer o estado encargalle que pinte ''Horacio defendido polo seu fillo'', porén David discrepa tanto no título coma nas dimensións, dando lugar ao ''[[Xuramento dos Horacios]]'' cun gran formato, 330 por 425cm. Pintada en [[1785]] e actualmente exposta no [[Louvre]] é a obra máis coñecida de David e está considerada coma a obra cume da pintura [[Neoclasicismo|Neoclásica]].
 
A temática da obra é o cumprimento do deber por riba de calquera sentimento persoal. Toma a historia de [[Tito Livio]] no período de guerras entre [[Roma]] e Alba Longa ([[-668|668 a.C.]]). A disputa entre as dúas cidades decídese resolver por un combate inusual: os Horacios, trillizos romanos, contra os Curiacios, trillizos de Alba. O drama radica no parentesco familiar, xa que unha das irmáns dos Horacias, Sabina, estaba prometida cun Curiacio. A pesar disto, e como vemos reflexado na obra, o pai Horacio exhorta os seus fillos a loita.